-
FINALISTAS NOS V, VI e VII PREMIOS MARTÍN CÓDAX COMO MELLOR PROXECTO DE JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS.
O songbook persoal de Xacobe Martínez Antelo achégase xa ó medio centenar de composicións. E todo este material está publicado nas distintas entregas discográficas que o contrabaixista de Compostela foi deixando polo camiño ó longo destes últimos e fructíferos anos. En formación de Trío, Cuarteto ou Quinteto, puxo a cara e o nome a unha forma de entender o Jazz que xurde dende o corazón e o peito, e que non coñece límites nin fai concesións.
Xacobe Martínez Antelo continúa na senda da tradición xenuinamente jazzística con esta renovada formación a trío: saxo tenor, contrabaixo e batería, da man de Xosé Miguélez e Max Gómez. Jazz Galego de primeira liña, en libertade, e sen complexos...
Xosé Miguélez: saxo tenor
Xacobe Martínez Antelo: contrabaixo
Max Gómez: batería