Cuarteto Federal

  • Cover image

    Unha alianza de jazz contemporáneo dende os 4 puntos cardinais.
    🥁 @guillemarnedo (Catalunya) 🎻 @xacobemartinezantelo (Galiza)
    🎷 @kikeperdomo (Canarias) 🎹 #javiergaliana (Andalucía)

    Este proxecto quere provocar o encontro entre catro talentos do Jazz contemporáneo da España do século XXI. Catro músicos de Jazz convocados dende a periferia tanto xeográfica como estilística. Un convite consciente e intencionado liderado dende unha intención creadora e contemporánea. Esta reunión artística conecta catro músicos nacidos nas décadas dos 60, 70 e 80, que se coñecen ó fundar a Federación Española de Músicos Profesionais de Jazz (FMJazz), dispoñendo o destino que ese cuarteto de representantes doutras tantas asociacións, fora á súa vez unha das formacións tótem do jazz contemporáneo: piano, batería, saxo e contrabaixo. Andalucía, Catalunya, Canarias e Galicia. Javier Galiana, Guillem Arnedo, Kike Perdomo e Xacobe Martínez Antelo.

    Este proxecto supón unha oportunidade única para explorar os lugares comúns, as diversidades territoriais, e as posibilidades que esta experiencia pode xenerar nun contexto de Jazz contemporáneo de vanguardia. A proposta artística pasa por xenerar material musical orixinal para esta formación, poñendo especial fincapé nas singularidades de cada territorio, sen renunciar á liberdade que proporciona a linguaxe común ós 4 músicos: o Jazz contemporáneo. Este encontro nace co compromiso de amosar un retrato significativo do que se pode facer se conectamos territorialmente o talento actual. Do que pode pasar se xuntamos 4 artistas punteiros do Jazz estatal procedentes de 4 territorios cunha pegada da música tradicional e popular tan importante. O propósito deste proxecto é darlle continuidade para facer extensiva esta experiencia como mínimo nos territorios de procedencia dos tres artistas convidados: Catalunya, Canarias e Andalucía.

    Queremos pois propor unha sorte de reunión que ainda que pareza incrible, é inaudita na escena musical actual, onde os músicos e as músicas tenden a habitar espazos demasiado pechados, aillados e desconectados entre si. Outra forma de xenerar música actual é posible, e esta Cuarteto Federal ten a oportunidade de facelo realidade.

    Este proxecto contou cun apoio para o seu desenvolvemento a través das Residencias Creativas Mariñán Música, da Deputación da Coruña,

     

    Discografía

    Videos

    Próximos eventos

    Tuesday 21:00H Mar 12

    Kike Perdomo, saxo

    Javier Galiana, piano

    XMA, contrabaixo

    Guillem Arnedo, batería

    Vigo, Pontevedra La Casa de Arriba
    Wednesday 21:00H Mar 13

    Kike Perdomo, saxo

    Javier Galiana, piano

    XMA, contrabaixo

    Guillem Arnedo, batería

    A Coruña, A Coruña Jazz Filloa
    Thursday 21:00H Mar 14

    Kike Perdomo, saxo

    Javier Galiana, piano

    XMA, contrabaixo

    Guillem Arnedo, batería

    Santiago de Compostela, La Coruña Casa das Crechas (Santiago de Compostela)