Divulgación

  • Cover image

    Xacobe Martínez Antelo é músico, emprendedor, e activista cultural. (Compostela, 1976). No eido da divulgación, ven desenvolvendo concertos didácticos e clases maxistrais dende hai máis de 15 anos, e para todo tipo de audiencias: músicos profesionais, estudantes de música, aficionados ó Jazz, rapaces e rapazas de primaria e secundaria, terceira idade ou colectivos con capacidades diversas. Ademáis de concertos didácticos de Jazz, tamén realiza talleres de Improvisación dirixida, usando técnicas coma o Soundpainting. O seu descubrimento do Soundpainting, foi directamente da man do seu creador, Walter Thompson, hai xa cerca de 20 anos. O Soundpainting é unha Linguaxe de signos aplicada á Improvisación. A Directora ou Soundpainter compón ao vivo pezas improvisadas multidisciplinarmente e de xeito colectivo. Multidisciplinar porque se ben comezou nos anos 70 aplicado á Música, hoxe en día utilízase en case calquer expresión artística: Movemento, Artes Plásticas e Visuais, Teatro, Literatura, Performance, etc… Na actualidade, Xacobe Martínez Antelo é "Certified Soundpainter", e adícase á práctica de Soundpainting de xeito estable, formando, divulgando, aprendendo e disfrutando. 

    Discografía

    Videos

    Próximos eventos